Inicio Galicia A Xunta completa a remodelación integral da estrada LU-901 ao seu paso...

A Xunta completa a remodelación integral da estrada LU-901 ao seu paso polo municipio lugués de Carballedo

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Julio Yebra-Pimentel, supervisaron o remate dos traballos que contribuirán á mellora da seguridade e confort de circulación desta vía


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de completar as obras de reforzo do firme executadas na estrada autonómica LU-901 ao seu paso polo municipio lugués de Carballedo.

Coa obra que vén de rematar, que se desenvolveu desde a localidade da Barrela ata o límite da provincia, pódese falar dunha remodelación integral desta vía que gana en seguridade viaria e confort de circulación.

De feito, está é a terceira actuación que se executa nesta estrada nos últimos anos (desde 2014) o que, pois a mellora acometeuse en tres fases e supuxo un investimento conxunto do Goberno galego de preto de 1,5 millóns de euros.

Así o explicaron esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e o alcalde da localidade, Julio Yedra-Pimentel que, acompañados de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, supervisaron o remate dos traballos.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

As obras finalizadas consistiron principalmente na mellora do firme existente en todo o ancho da calzada e a conseguinte reposición das marcas viarias. Con carácter complementario, procedeuse á execución de cunetas de formigón e a substitución das drenaxes transversais.

Con anterioridade a Xunta xa tiña mellorado esta estrada ao seu paso polas travesías da Tolda e da Barreira e executado traballos de ampliación da calzada e reforzo do firme ao longo desta mesma vía, así como de mellora dos sistemas de sinalización, balizamento e defensas en todo o treito.

Balseiro puxo en valor o esforzo do Goberno galego que traballou co obxectivo prioritario de dotar á veciñanza de Carballedo e das comarcas de Chantada e do Ribeiro dunha vía en condicións óptimas de circulación e seguridade. 


- Te recomendamos -