Inicio Galicia Ovidio Rodeiro advirte da posible perda de 8 millóns de fondos europeos...

Ovidio Rodeiro advirte da posible perda de 8 millóns de fondos europeos para a intermodal

0

O delegado territorial da Xunta recalca que o retraso da Intermodal da Coruña débese aos cambios de criterio do Goberno Local e recalca que noutras cidades este proxecto avanza

O delegado territorial da Xunta da Coruña, Ovidio Rodeiro, referiuse esta mañá, en declaracións a unha emisora de radio, á situación na que se atopa a obra da Intermodal da Coruña. Neste senso, advertiu da posibilidade de perder a inversión de 10 millóns de euros comprometida pola Xunta para este proxecto dos cales 8 millóns proceden de fondos europeos. O representante autonómico apuntou que agora a inversión necesaria para esta obra estará condicionada a que haxa fondos propios da Xunta de Galicia.

Neste senso, recalcou que “a cidade da Coruña chega tarde a esta obra porque o Goberno Local decidiu cambiar a última hora o proxecto que se ía a executar e que xa tiña o seu visto bo. A consecuencia deste cambio de opinión obrigou a iniciar de novo todo o proceso e isto vai a provocar que non cheguemos a tempo para cumprir os prazos que marca a Unión Europea”.

O representante do goberno autonómico sinalou que “vai a ser imposible recuperar o tempo perdido e puntualizou que o retraso da obra na Coruña non é unha cuestión de cores políticos xa que no resto de cidades, Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra, estas obras avanzan en tempo e prazo”.“En todo caso, o que xa temos claro a día de hoxe é que A Coruña será a cidade que máis tarde chegue á construción da súa Intermodal cando podería ser das primeiras e que agora haberá que ver a dispoñibilidade dos fondos propios da Xunta para facer fronte ao investimento porque os 8 millóns dos fondos europeos están practicamente perdidos”, recalcou.

Débeda PortoSobre o conflito aberto pola financiamento da débeda do Porto da Coruña, Ovidio Rodeiro, sinalou que “o Estado ten a obriga de manter institucionalmente as mesmas regras de xogo para todas a comunidades autónomas. Por iso, apuntou que os coruñeses teñen o dereito a esixir o mesmo trato que os valencianos en relación coa condonación da débeda dos seus portos. O contrario é inadmisible”.

Para o representante autonómico é moi grave que esta decisión do Goberno do Estado de discriminar aos coruñeses conte coa complicidade do alcalde da cidade porque os que saen perdendo son os cidadáns.

Finalmente, lembrou que “o único político que deu un paso en firme foi Alberto Núñez Feijóo poñendo enriba da mesa 20 millóns de euros para garantir a titularidade pública de La Solana, Batería e o Centenario”.

Nese mesmo contexto, lembrou que “se acordou un investimento de 140 millóns de euros para financiar o trazado ferroviario a Punta Langosteira. Ambos compromisos son irrenunciables e insubstituíbles. Imos insistir en que na primeira metade de 2019 o investimento no tren ao Porto Exterior ten que estar licitado. A Xunta de Galicia é a única que lle puxo nome, apelidos e cifras á súa proposta”.


- Te recomendamos -