Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro

Activo un incendio forestal no concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro. O incendio comezou ás 17,31 h. de onte domingo e semella que foi provocado por un raio. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 32 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

- Te recomendamos -