Inicio Galicia Controlados os dous incendios no concello ourensán de Vilariño de Conso que...

Controlados os dous incendios no concello ourensán de Vilariño de Conso que afectan o Parque Natural do Invernadoiro

0

Segundo as últimas estimacións, acadan unha superficie de 13,68 e 99,16 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa do control dos dous incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afectan o parque natural do Invernadoiro.

Ambos lumes comezaron ás 16,10 h. da tarde do mércores e, segundo as últimas estimacións, afectan 13,68 hectáreas de monte raso nun caso e 99,16 hectáreas no outro, das cales 29 son arboradas e o resto rasas. No lugar levan traballado 5 técnicos, 38 axentes, 92 brigadas, 39 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -