Inicio Galicia Estabilizados os dous incendios no concello ourensán de Vilariño de Conso que...

Estabilizados os dous incendios no concello ourensán de Vilariño de Conso que afectan o Parque Natural do Invernadoiro

0

Segundo as últimas estimacións, acadan unha superficie de 14 e 96 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que os dous incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afectan o parque natural do Invernadoiro están estabilizados.

Ambos lumes comezaron ás 16,10 h. da tarde do mércores e, segundo as últimas estimacións, afectan 14 e 96 hectáreas, respectivamente. No lugar levan traballado 4 técnicos, 37 axentes, 83 brigadas, 37 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  


- Te recomendamos -