Turismo de Galicia participa no ‘Spanien am Main’ cun espectáculo musical dentro dun dos festivais culturais xermanos máis relevantes que se celebra en Frankfurt
Galicia continúa esta fin de semana o seu labor de promoción turística coa participación, durante tres xornadas, en Spanien am Main, unha cita que se celebra dentro do Festival Museumsuferfest de Frankfurt, a festa máis importante da cidade e un dos festivais culturais máis relevantes de AlemañaA Xunta, a través de Turismo de Galicia, aposta de novo por este evento internacional, onde os asistentes poden gozar de numerosas representacións artísticas, actuacións de música en vivo nos escenarios instalados na ribeira do río, especialidades culinarias internacionais e expositores de información, ademais de ter a oportunidade de visitar os máis de 20 museos que dan precisamente nome o evento e que ofertan actividades durante toda a semana.
España e o único pais cun recinto propio denominado Spanien am Main, que está composto por carpas informativas das diferentes comunidades participantes, así como un escenario con programación cultural e música en directo. Neste marco, Galicia conta coas actuacións da cantante de soul e pop Wöyza xunto cun grupo de oito integrantes formado por músicos, voces e bailaríns. En total, ten programadas sete actuacións, cada unha dunha hora de duración, nas que ofrece un espectáculo en galego deseñado especificamente para este evento coa colaboración de coñecidos músicos tradicionais da Comunidade galega.
Un 5,6% máis de viaxeiros xermanosO mercado alemán é un dos máis importantes para Galicia, pois constitúe o segundo país emisor que máis turistas aporta despois de Portugal. En 2017, incrementouse un 5,6%.
A internacionalización é unha das liñas de traballo da Estratexia do turismo de Galicia 2020, que aposta tamén por consolidar un destino tranquilo e auténtico que sabe poñer en valor os seus mellores recursos, como é o patrimonio cultural a musical, durante todo o ano.
- Te recomendamos -