O secretario xeral da Emigración recibiu ao presidente da entidade ceutí, Raimundo Romero Sánchez
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou aos galegos de Ceuta a seguir facendo da gastronomía galega un dos principais vehículos da súa identidade por todo o mundo. O responsable autonómico agradeceu ao presidente do Centro Gallego, Raimundo Romero Sánchez, o labor de difusión dos produtos galegos que a entidade está a levar a cabo desde hai anos por todos os recunchos da cidade autónoma.
O Centro Gallego, con preto de douscentos socios, é o referente social e cultural da comunidade galega na rexión ceutí, na que anualmente organiza a celebración de actividades e eventos que enxalzan as principais efemérides galegas. A sardiñada de San Xoán, a festividade de Santiago Apóstolo, a copa de fin de ano e a laconada de entroido son algúns dos máis populares.
- Te recomendamos -