Inicio Galicia A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación definitiva da 2ª fase...

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación definitiva da 2ª fase da mellora de seguridade viaria na estrada PO-531, na Devesa, no Concello de Pontevedra

0

Esta actuación é a segunda fase dun proxecto de mellora que se iniciou coas obras xa rematadas no acceso ao polígono de Sequeiros, en Barro

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se aproba definitivamente o proxecto da segunda fase da mellora da seguridade viaria da estrada PO-531, na Devesa, no Concello de Pontevedra.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio.

O proxecto define a execución dunha glorieta no Pq. 7+150 da PO-531, no Concello de Pontevedra, á saída do núcleo da Devesa, coa que se reducirá de xeito significativo a velocidade da circulación na contorna e se facilitarán os xiros en condicións seguras.

Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará co vial principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do Pq. 6+620.

A Xunta, con estes traballos, está a considerar a solicitude realizada polos veciños da contorna para a continuación das obras de mellora da seguridade viaria na estrada que comunica Pontevedra e Vilagarcía. Así, estas obras danlle continuidade á primeira fase do proxecto que o Goberno galego xa executou.

O Goberno galego xa acometeu a reordenación e mellora da estrada PO-531, no tramo situado entre os puntos quilométricos 7+700 e 8+350, mediante a execución dunha glorieta no acceso ao polígono de Sequeiros, no Concello de Barro. O obxectivo a acadar con esta actuación foi a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, minimizando a accidentalidade que rexistra a vía neste tramo.


- Te recomendamos -