Inicio Galicia A Xunta destina 20.000 euros a habilitar unha área de descanso no...

A Xunta destina 20.000 euros a habilitar unha área de descanso no Monte do Faro, en Chantada, ao carón do Camiño de Inverno

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, enmarcou a actuación nun programa de revalorización do patrimonio natural de Galicia

A Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destina 20.000 euros a habilitar unha área de descanso no Monte do Faro, en Chantada, ao carón da ruta pola que discorre o Camiño de Inverno.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se trata dun proxecto impulsado a través dun programa de investimentos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, “con fin de conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia e promover a xestión sustentable dos recursos naturais”.

A actuación que o Goberno galego financia en Chantada sitúase preto da capela do Monte do Faro e dunha fonte que se pretende mellorar. Os traballos inclúen a construción dunha varanda perimetral que delimite a área e un solado de granito; a instalación de catro conxuntos formados por mesas e bancos de pedra, e a plantación de varios carballos e bidos ao redor das mesas para completar o arborado existente.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Tamén se limpará e acondicionará a fonte, canalizando as augas, e instalarase un panel interpretativo con contidos sobre o espazo da Rede Natura, o Camiño e outros lugares de interese da contorna.

A Consellería do Medio Ambiente financia este proxecto no marco dunha orde de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellorar o estado das paisaxes agrarias galegos dentro dos espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica.

Dentro desta liña, teñen cabida iniciativas de creación de rutas e áreas recreativas, así como os investimentos necesarios para proporcionar elementos de información e interpretación adaptados ás características dos espazos naturais -como paneis informativos ou observatorios- relacionados coa mellora do carácter de utilidade pública das zonas da Rede Natura. 


- Te recomendamos -