Inicio Galicia A Fundación Vodafone e a Amtega continuarán en setembro o ciclo de...

A Fundación Vodafone e a Amtega continuarán en setembro o ciclo de actividades para iniciar aos maiores no uso dos dispositivos móbiles

0

No primeiro semestre do ano más de 300 persoas participaron nestas xornadas que se realizan na Rede de Aulas CeMIT


A Fundación Vodafone e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa a Rede CeMIT continúan traballando para impulsar o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”. retomaranse en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso, Pontedeume, e Ribadeo.

De cara a darlle continuidade a esta programación, a Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas actividades con 7 novas tabletas. Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/), e na aulas aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.galMáis de 300 participantesO primeiro semestre do ano pechouse chase cuns datos moi positivos coa realización de 35 actividades e a participación de 16 aulas da Rede CeMIT e máis de 300 asistentes.

Cada un dos centros CeMIT que participaron nesta iniciativa dispuxeron de diversos terminais telefónicos e de tabletas, cedidos pola Fundación Vodafone, para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, como material de apoio, as aulas dispuxeron tamén dunha serie de guías en papel moi sinxelas e vídeos con pílulas formativas breves e moi prácticas, que serven de soporte audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

A Rede CeMITA Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concellos e 53 comarcas e está integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias.

Paralelamente, os centros da Rede contan cun servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios e usuarias para a utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A Fundación VodafoneA Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Participa en proxectos de innovación tecnolóxica nacionais e europeos, dirixidos a investigar novas aplicacións das comunicacións móbiles que faciliten a vida ás persoas dependentes, maiores e enfermos crónicos.

Desde 2016, Fundación Vodafone é aliada dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 e contribúe na alfabetización e capacitación dixital dos galegos e galegas a través do impulso do uso de dispositivos móbiles coas iniciativas “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”. 


- Te recomendamos -