En total, foron atendidas 467 persoas
A Consellería de Sanidade informa que permanecen ingresadas cinco persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño. Tres delas están no Hospital Álvaro Cunqueiro, unha en Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Ata actualidade, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais un total de 467 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente. Por centros, 213 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 68 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.
A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.*Información actualizada ás 18,00 h.
- Te recomendamos -