Inicio Galicia Case 1500 rapaces e rapazas de estadía nos campamentos participaron no programa...

Case 1500 rapaces e rapazas de estadía nos campamentos participaron no programa o galego ?Campa! 2018?

0

15 campamentos incluídos na Acción de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado acolleron as actividades entre xullo e agosto


Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, actualmente en elaboración polos dous departamentos: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova.

Así, as actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na Acción de Verán 2018 da Xunta de Galicia, concretamente aos de Vilanova de Arousa, Forcarei, Bueu, Boiro, Sada, Bergondo, Melide, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Entrimo, Manzaneda, Muíños e A Mezquita. As intervencións nos campamentos e a entrega ao monitorado de materiais en galego complétanse coas fichas e propostas do Repositorio dixital de tempo libre en galego, de libre acceso para educadores e educadoras e para calquera outra persoa interesada. Os criterios para a escolla das actividades e das dinámicas que integran o repositorio foron o interese educativo, a variedade de temáticas, a aplicabilidade a grandes grupos en contexto de campamento e o peso da expresión oral no conxunto da actividade.

Toda información e materiais están dispoñibles, para a súa descarga de balde, no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

Escoita activa, argumentación e cidadanía global en galegoNa liña do ano 2017, esta edición de O galego campa! xirou arredor das temáticas de cidadanía global en galego e habilidades de escoita activa e argumentación. Cidadanía global porque se traballaron en galego valores para abrir fiestras ao mundo. Escoita activa, expresión oral e argumentación para mellorar a capacidade e a seguridade dos adolescentes de expresarse na lingua propia de Galicia e mesmo en calquera outra. Cada sesión, de dúas horas de duración, configurouse en tres partes: unha introdutoria, outra principal e unha de remate/avaliación.

A actividade central, titulada A longa viaxe, consistiu en situar os participantes ante un dilema que moitas persoas do mundo que viven en lugares en conflito atopan cada día: seguir resistindo as condicións cada vez máis duras do país ou abandonar casa, familia e o mundo que se coñece por outro que non se viu para intentar saír adiante. Mediante escollas consensuadas tras os pertinentes debates, cada grupo púxose no lugar da xente que se enfronta a esta disxuntiva para ir tecendo a súa propia historia.

Plan de dinamización da lingua galega entre a mocidadeOs obxectivos xerais de O galego campa! están en consonancia cos recollidos no documento estrutural básico do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, un plan que está elaborando a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A finalidade última deste programa é promover a galeguización lingüística das actividades educativas de tempo libre en Galicia mediante a realización de intervencións de educación non formal que axuden a desenvolver actitudes positivas cara á lingua galega por parte de mozas, mozos, educadoras e educadores.

Para iso, ofrécense actividades de dinamización que permitan introducir de modo empático a lingua galega nos campamentos, propostas educativas que favorezan a reflexión e a anovación metodolóxica de programas entre os equipos de profesionais que traballan na campaña de verán e intervencións no tempo libre de calidade co galego como referente.


- Te recomendamos -