Inicio Galicia A Xunta colabora co programa ?Tecendo rúas… Tecendo soños? para o fomento...

A Xunta colabora co programa ?Tecendo rúas… Tecendo soños? para o fomento do asociacionismo no concello da Veiga

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destaca a iniciativa como mecanismo de socialización das mulleres do municipio

A Veiga (Ourense), 11 de agosto de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da exposición ‘Tecendo rúas… Tecendo soños’, impulsada pola Asociación de Mulleres Rurais e o Concello ourensán da Veiga e que serviu de homenaxe ás mulleres participantes na iniciativa.‘Tecendo Rúas… Tecendo Soños’ é un proxecto que ten como obxectivo crear un espazo de interacción e sociabilidade entre as persoas do concello da Veiga que finalmente redunde no fomento do asociacionismo e a participación das mulleres. As mulleres de diferentes núcleos do concello teceron durante tardes enteiras, facéndose compañía, e dando pé á elaboración de obxectos e pezas que integran a exposición inaugurada hoxe.

López Abella destacou a importancia do proxecto, no que a Secretaría Xeral de Igualdade colaborou economicamente, e animou aos seus impulsores a seguir nesa liña, promovendo iniciativas que sexan útiles ás mulleres da Veiga.

Xunto a Susana López Abella tamén participaron o alcalde, Juan Anta Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais da Veiga, Julita Rodríguez Barrio. O acto contou coa actuación das cantareiras da Banda Real da Deputación de Ourense e coa entrega de medallas ás mulleres que colaboraron na recuperación das cantigas tradicionais. 


- Te recomendamos -