A sede xudicial electrónica de Galicia xa permite o inicio dos procedementos monitorios en calquera partido xudicial
A sede xudicial electrónica permite xa a presentación online dos procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador. É unha das últimas funcionalidades incorporada á sede xudicial electrónica galega, que desde outubro de 2016 está accesible no enlace https://sede.xustiza.gal e a través do portal xustiza.gal.
A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse este ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social. A sede xudicial electrónica ofrece aos cidadáns outros servizos como a posibilidade de consultar os expedientes xudiciais dos que son parte e comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia.
Tamén están accesibles na sede xudicial electrónica a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas, a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados. O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.
Plan SendaA posta en marcha da sede xudicial electrónica foi un dos fitos previstos previstos no Plan Senda 2020, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os profesionais do eido xudicial.
Cun orzamento de máis 26,6 millóns de euros o Plan Senda 2020 é a estratexia para consolidar a o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital.
Unha das pezas angulares desa xustiza sen papeis é repositorio unificado xudicial que centraliza, nun punto único, toda a información xudicial, datos e documentos, xerada diariamente na tramitación procesual de calquera procedemento en calquera órgano xudicial Este repositorio permite a consulta de case nove millóns procedementos e 16 millóns de documentos onlineNos últimos anos puxéronse a disposición dos profesionais da xustiza diferentes solucións para facilitar a dixitalización das súas funcións e cuxo uso estase a intensificar. Así, no primeiro semestre do ano asináronse dixitalmente máis de 283.000 documentos, catro veces máis que os asinados durante o mesmo período do ano pasado. As consultas ao Visor do Expediente Electrónico Xudicial entre xaneiro e xuño ascenderon a preto de 22.000, o dobre que no mesmo período do ano pasado.
En canto ao equipamento que facilita á implantación das salas de vistas dixitais, cómpre lembrar que preto do 90% das salas de vistas de Galicia dispoñen de sistema de gravación de vistas con sinatura dixital eFidelius e todos os órganos xudiciais contan con sistema de videoconferencia.
- Te recomendamos -