Inicio Galicia Medio Rural impulsa a mellora da calidade de vida dos veciños e...

Medio Rural impulsa a mellora da calidade de vida dos veciños e a loita contra os incendios forestais no oriente ourensán

0

A conselleira Ángeles Vázquez supervisou hoxe unha actuación de mellora dunha residencia de anciáns en Manzaneda e asinou un convenio co concello de Larouco para a adquisición dun tractor para a roza da matogueira

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse hoxe ata o oriente ourensán para supervisar unha actuación subvencionada no marco do programa Leader, no concello de Manzaneda, e para asinar un convenio relacionado coa prevención de incendios forestais, no de Larouco.

A conselleira, que estivo acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, destacou a importancia de ambas iniciativas dentro dos obxectivos xerais de dotar aos habitantes do agro de mellores condicións de vida e de protexer a súa riqueza forestal da lacra dos lumes.

No primeiro caso, as autoridades coñeceron en Manzaneda o proxecto de mellora das condicións enerxéticas e de confort térmico, salubridade e benestar no coidado de persoas maiores na residencia municipal da terceira idade Gabino García. Trátase dunha iniciativa promovida pola entidade local, que recibiu unha achega de fondos Leader de 134.922 euros para un investimento total de preto de 150.000 euros.

Fixéronse traballos de mellora das condicións tanto de inverno como de verán, co cambio dunha caldeira, no primeiro caso, e a instalación dun sistema de renovación e extracción de aire, no segundo. Ademais de optimizar as condicións dos residentes, con estes labores acadouse un aforro de combustible de máis de 12.000 euros/ano.

Prevención de lumes en LaroucoNo que atinxe ao municipio de Larouco, a conselleira asinou co alcalde, Joaquín Prieto, un convenio de colaboración para fomentar a limpeza de matogueira mediante a adquisición por parte do concello dun tractor e dous apeiros para rozar (unha trituradora e outro de brazo). Medio Rural achegará un total de 102.850 euros para apoiar esta iniciativa, no contexto da prevención de incendios forestais, mentres que a entidade local aportará outros 32.000 euros.

Este convenio enmárcase nos acordos establecidos pola consellería con diferentes entidades locais galegas co fin de dotalas de maquinaria para a xestión da biomasa nos seus territorios. A día de hoxe son arredor de medio cento os concellos da Comunidade dotados con tractor para a roza.


- Te recomendamos -