Inicio Galicia A Xunta colabora nun programa de axuda a mulleres con enfermidade mental

A Xunta colabora nun programa de axuda a mulleres con enfermidade mental

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura da iniciativa “Coidando de min II”, impulsada pola Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Burela na clausura do programa “Coidando de Min II”, dirixido a mulleres con enfermidade mental e impulsada pola Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña.

A iniciativa desenvolveuse entre xaneiro e xullo co obxectivo de que as participantes conseguiran mellorar a súa propia saúde mental. Para logralo, organizáronse talleres e unha atención psicolóxica individualizada que tivo en conta as necesidades específicas de cada muller.

O apoio prestado supuxo importantes mellorías, grazas ao aumento da seguridade en si mesmas, á ausencia de recaídas e á mellora na xestión de situacións adversas, entre outros aspectos.

A administración autonómica colaborou con esta iniciativa a través da orde de axudas destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para desenvolver programas de atención dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que para este ano conta cun orzamento para toda Galicia de 1,5 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Estes programas teñen como obxectivo fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e persoal.


- Te recomendamos -