Os cursos desenvolveranse nos meses de setembro, outubro e novembro
A Consellería do Mar convoca 20 cursos de aprendizaxe permanente en cultivo de moluscos e de peixe para este ano. Deste xeito formará a arredor de 400 persoas en materia de seguridade e hixiene no traballo, comercialización, patoloxía e xestión sanitaria e lexislación e xestión ambiental entre os meses de setembro, outubro e novembro en diferentes centros e localidades da nosa comunidade.Á vista da evolución que está tendo este eido e das iniciativas de investigación e innovación encamiñadas a aumentar a sustentabilidade e a produtividade, a Consellería do Mar considera necesaria a posta en marcha desta formación para que o persoal traballador do sector acuícola se adapte aos cambios que se van producindo.
Estes cursos terán unha duración de 6 horas e diríxense aos traballadores asalariados do sector, autónomos vinculados á acuicultura así como os cónxuxes ou parellas de feito destes últimos.
A formación desenvolverase no Instituto Galego de Formación en Acuicultura, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, na de Ferrol e en Sada, Muros, Santiago, Lugo e Camariñas.
Como accederO período de matrícula para estes cursos está aberto e remata dez días antes do inicio de cada curso. As persoas interesadas en realizar estes cursos deberán presentar a solicitude de matrícula e a documentación requirida nas xefaturas territoriais e comarcais da Consellería do Mar ou por calquera das formas establecidas na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixilas ao servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Ademais, nos prazos de matrícula, deberán adiantar unha copia da solicitude presentada e rexistrada ao correo electrónico ensino.mar@xunta.gal. As condicións de acceso a estes cursos están recollidas neste enlace.
Os cursos desenvolveranse nos lugares e datas que se relacionan no seguinte cadro:
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
Nome do curso - Te recomendamos - |