A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na inauguración da XII edición da Feira de Oportunidades SaldoMarín que se celebra na vila pontevedresa ata o próximo domingo 5 de agosto.
A directora xeral mostrou o apoio que a Xunta está a dar aos Centros Comerciais Abertos de Galicia para seguir impulsando o comercio de proximidade. Neste caso, o CCA Estrela Marín organiza un dos eventos con máis tradición no concello marinense co obxectivo de axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos que poden chegar ata ao 70% de desconto.
Vázquez, así mesmo, salientou o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial, unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia que adica 70M€ ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego con 55 accións específicas articuladas ao redor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente.
- Te recomendamos -