Inicio Galicia A Xunta adxudica o contrato para iniciar en setembro as obras de...

A Xunta adxudica o contrato para iniciar en setembro as obras de ampliación da residencia para maiores de Cerdedo-Cotobade

0


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro para a atención aos maiores da localidade pontevedresa de Cerdedo-Cotobade. Na visita, o xerente anunciou a adxudicación do contrato -e a publicación no perfil do contratante do Consorcio- para a execución das obras de ampliación da dita residencia.

A empresa seleccionada no proceso de licitación foi finalmente Ogmios Proyecto S.

L. por un importe de 1.451.559,93 euros (IVE incluído), contía que se repartirá en tres anualidades, a partir do presente ano 2018 e ata 2020. O montante total do investimento acadará os 1,7 millóns de euros, reservándose a diferencia para a dirección de obra, estudos e para o equipamento e amoblamento da nova residencia. A previsión é adxudicar a dirección de obra a finais de agosto, para poder iniciar as obras no mes de setembro.

Construción dun novo edificioEsta actuación suporá a construción dun edificio anexo ao actual inmoble que comparten centro de día e residencia, de tal xeito que a nova edificación albergará a parte residencial -que pasará de 18 a 48 prazas- e, a que xa existe, estará dedicada en exclusiva a centro de día, con capacidade para atender a 30 usuarios, pero mellorando polo tanto a calidade na prestación dese servizo.

O novo edificio do centro para maiores de Cerdedo-Cotobade ocupará dúas parcelas lindeiras ao actual inmoble do centro de día-residencia, unha das cales é propiedade do Consorcio e, a outra, foi adquirida polo Concello e posteriormente posta a disposición da administración autonómica.

A adxudicación das obras supón o paso final para poder iniciar a súa execución, logo de que o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinase o pasado 7 de marzo co presidente da Xunta Xestora de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubelas, o convenio de colaboración entre a administración galega e ese concello para poder levar a cabo o proxecto.


- Te recomendamos -