Inicio Galicia A Xunta asina convenios con varios concellos da provincia de Pontevedra para...

A Xunta asina convenios con varios concellos da provincia de Pontevedra para reparar os danos da vaga de lumes de outubro

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, firmou hoxe en Pontevedra e Vigo estes acordos


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, trasladouse hoxe a Vigo e Pontevedra para asinar os convenios de colaboración con varios concellos da provincia, polos que a Xunta financiará ata o 50% da reparación dos danos que se ocasionaron nas infraestruturas municipais durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro.

En toda Galicia, o número de concellos beneficiados por esta iniciativa ascende a 40. No caso da provincia da Pontevedra, son 15: Cerdedo-Cotobade, A Guarda, Mondariz Balneario, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves, Ponte Caldelas, Baiona, Mos, Pazos de Borbén, Soutomaior e Vigo. Inda que os concellos de Vigo e Ponteareas non asinaron hoxe o convenio.

O importe de cada convenio foi calculado en función da información facilitada polos propios concellos, e a comprobación técnica in situ para determinar se eran ou non gastos subvencionables.

Esta era unha das liñas de axudas incluídas na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos incendios, cuxo orzamento ascendeu a 13,2 millóns de euros. A este orzamento hai que sumar os 9,8 millóns de euros investidos pola Xunta en actuacións directas en distintos ámbitos: nos montes e estradas afectadas, ou nos parques naturaisEsta convocatoria conxunta do Goberno galego habilitou axudas para poder paliar os danos causados pola vaga de lumes nun amplo abano de supostos, como a de afectación a bens de titularidade municipal; pero tamén a vivendas, negocios e, por suposto, por danos persoais.


- Te recomendamos -