Inicio Galicia A Xunta consolida o apoio ás persoas maiores con responsabilidades parentais cunha...

A Xunta consolida o apoio ás persoas maiores con responsabilidades parentais cunha nova edición das escolas de avós e avoas educadoras

0

A través desta iniciativa desenvolveranse un total 450 sesións de orientación e apoio nas que se estima que participen 350 avós e avoas responsables do coidado de 525 netos e netas


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a responsable de Cruz Vermella, María del Carmen Colmeiro Rojo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que garante a continuidade das escolas de avós e a avoas educadoras nas sete grandes cidades de Galicia. Trátase dun programa de recoñecemento e apoio ás persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza dos seus netos e netas que a Xunta de Galicia e a entidade social desenvolven desde o ano 2016.

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar aos avós e avoas o soporte social, a formación e as habilidades necesarias para axudalos na educación dos seus netos e netas. O programa xurde da constatación de que moitas persoas maiores se fan cargo da educación e crianza de netos e netas menores de idade, xogando un esencial de apoio á conciliación familiar e laboral así como de apoio social cando os pais e as nais non poden facerse cargo dos seus respectivos fillos e fillas.

Así pois, a Administración autonómica contribuirá con 106.000 euros a consolidar este proxecto que está a ter unha boa acollida entre os participantes. Este ano 2018, ao abeiro deste convenio, implantaranse tres novas escolas de avós e avoas educadoras en cada unha das sete grandes cidades de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo), coa organización dun total de 210 sesións.

Estas novas escolas se engaden ao 20 grupos de axuda mutua que se manteñen en funcionamento derivados das escolas postas en marcha nas dúas anteriores edicións do proxecto (2016 e 2017) nas sete localidades e que realizarán outras 240 sesións ata o vindeiro mes de novembro. Polo tanto, a través deste programa se levarán a cabo un total de 450 sesións nas que se estiman que participarán 350 avós e avoas responsables do coidado de 525 netos e netas, que tamén se beneficiarán directamente desta intervención.

Nas escolas de avós e avoas coidadoras os participantes teñen unha atención individualizada, promóvense hábitos de autocoidado, organízanse actividades interxeracionais de carácter lúdico-educativo e constitúense grupos de axuda mutua. Así mesmo, oriéntaselles no proceso educativo, capacítaselles con habilidades específicas para o manexo de situacións cotiás na educación dos menores que teñen ao seu cargo e dispoñen dunha atención individualizada dirixida a detectar necesidades específicas e establecer intervencións integrais de axuda á familia en caso de ser necesarias.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades promovidas pola Xunta de Galicia para abordar a transición demográfica e no marco dunhas políticas transversais que implican a todos os departamentos autonómicos. Nesta liña, a Consellería de Política Social está a desenvolver o Programa de apoio á natalidade (PAN) que conta cun eixo específico en materia de conciliación e que contempla medidas como o incremento de prazas na rede autonómica de escolas infantís de 0 a 3 anos, o Bono Concilia e o Bono Coidado, as Casas Niño ou a Tarxeta Benvida, entre outras.

Asemade, as escolas de avós e avoas coidadoras tamén responden á Estratexia Galega de Envellecemento Activo 2016-2020, xa que se recoñece o labor das persoas maiores como parte activa da sociedade. 


- Te recomendamos -