Inicio Galicia O 061-Galicia asistiu a 93 persoas por 64 accidentes de circulación durante...

O 061-Galicia asistiu a 93 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 27 de xullo ata as 23:59 horas do domingo 29 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 78 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 93 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 27 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 29 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 28 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 78 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 93 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 52 % e do 48 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia AccidentesA Coruña 28Lugo 6Ourense 7Pontevedra 23Galicia 64Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 91. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en sete sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 70 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros.

En 81 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto. 


- Te recomendamos -