A conselleira do Mar, Rosa Quintana asistiu esta mañá á XXI edición da Festa do Percebe de Aguiño, onde convidou aos asistentes a degustar un marisco que “algo ten que ter cando o mesmo día en Galicia temos a Aguiño, Mesía e Cedeira rendéndolle pleitesía”.
A conselleira entregou o trofeo da I Bandeira Festa Percebe de Aguiño e os recoñecementos como Percebeiros de Honra ao actor e humorista Quico Cadaval e mais ao párroco Francisco Lorenzo Mariño a título póstumo.
- Te recomendamos -