O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na X edición da Festa da Palabra, na Ínsua dos Poetas, onde se lle rendeu unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira, unha semana despois do seu falecemento.
Román Rodríguez loou a obra poética do de Garabás (Maside), que destaca pola súa “calidade, fondura e sinxeleza”, así como as outras facetas como articulista, narrador e adaptador de obras teatrais.
O conselleiro tamén subliñou o traballo desenvolvido pola Fundación Ínsua dos Poetas para consolidar esta cita anual coa cultura que é a Festa da Palabra, e que ten como principal obxectivo o recoñecemento a persoas e entidades que traballan no fortalecemento da lingua e da cultura galega.
- Te recomendamos -