O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, asistiu á charla sobre Incendios Forestais celebrada na Casa da Cultura de Camporrapado en Boqueixón. No encontro participaron propietarios forestais e veciños. O obxectivo do encontro foi dar a coñecer a nova Lei 7/2012 de Montes de Galicia e da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, especialmente os aspectos relacionados coas distancias do arborado, redes de xestión da biomasa e aproveitamentos.
A charla foi impartida polo Axente Territorial, José María Carlés e organizouse en colaboración con Concello de Boqueixón.
Este encontro forma parte das charlas que se inclúen dentro da Campaña de información e prevención de incendios a realizar no ano 2018. Nesta Campaña está previsto que se celebren, este ano, 48 actividades na provincia da Coruña cunha previsión de contar con máis de 3.000 asistentes.
- Te recomendamos -