O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña destacou que a Feira do Libro da Coruña é das máis importantes que se celebran en Galicia
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro participou na presentación da XLVII Feira do Libro que tivo lugar esta mañá no Concello da Coruña. No acto estivo acompañado pola Presidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, polo concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande e pola Coordinadora da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira.
O Delegado territorial destacou na súa intervención que “a Feira do Libro da Coruña é unha dás máis importantes que se celebran en Galicia, tanto pola súa dimensión editorial e artística como tamén polo número de cidadáns que se achegan a el”.
O representante do goberno autonómico animou a todos os coruñeses e coruñesas a participar nesta cita coa cultura e cos libros, fixa no calendario festivo da cidade herculina, e puxo en valor este tipo de feiras porque, apuntou, “reforzan o papel do libro na sociedade, favorecen o crecemento da nosa industrial editorial e impulsan a internacionalización do libro e da literatura”.
Finalmente, incidiu na importancia de que “nunha terra cunha lingua propia é moi importante protexela e para logralo a industria do libro cobra especial importancia como mediadores na difusión da nosa cultura” e destacou que “dende a Consellería de Cultura e Educación seguirase mantendo o apoio, que este ano foi de 120.000 euros, a esta iniciativa da Federación de Libreiros de Galicia como elemento de benestar para a nosa cidadanía”.
- Te recomendamos -