Inicio Galicia Medio Ambiente destina 65.000 euros á renovación da rede de abastecemento e...

Medio Ambiente destina 65.000 euros á renovación da rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia, no concello de Rairiz de Veiga

0

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a alcaldesa de Rairiz de Veiga asinaron un convenio de colaboración pola que se executarán os traballos en ambos núcleos


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Morgade Rúa, asinaron un convenio de colaboración polo que Augas de Galicia destina 65.000 euros para os traballos de renovación de rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia.

Mato Otero destacou a importancia de levar a cabo esta actuación, por canto axudarán a evitar filtracións ao medio e asegurar un servizo de calidade para os veciños destes núcleos; sobre todo tendo en conta que, na actualidade, os servizos básicos de abastecemento e de saneamento atópanse en mal estado, presentando frecuentes problemas e avarías.

Os traballos consistirán na mellora da rede en dous núcleos rurais Santa Babia e Penteira. Ambos presentan problemas polo deteriorado estado no que se encontran as redes actuais de abastecemento e saneamento. En Santa Baia preténdese a execución dunha reposición da rede de abastecemento de case 150 metros de lonxitude, unha reposición da rede de saneamento de 160 metros de lonxitude e unha nova rede de pluviais de 12 metros de lonxitude. En Penteira, a reposición da rede de abastecemento afectará a 80 metros de lonxitude, a de saneamento a 75 metros e instalarase tamén 25 metros de tubaxe para augas pluviais. 


- Te recomendamos -