Inicio Galicia O Plan de patrocinio de equipos de alta competición da Fundación Deporte...

O Plan de patrocinio de equipos de alta competición da Fundación Deporte Galego demostra a súa eficacia en termos de valor, prestixio, impactos reais e retorno económico

0

Tras unha análise realizada polo equipo de investigación dirixido por Patricio Sánchez e realizada sobre 20 equipos


Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou na mañá de hoxe o impacto do Plan de patrocinio de equipos de alta competición da Fundación Deporte Galego, unha iniciativa que comezou na tempada 2008-2009 e que a día de hoxe beneficia a 171 equipos galegos (92 masculinos, 72 femininos e 7 mixtos) de 21 modalidades deportivas diferentes cun orzamento de 2.420.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega 1.694.000 euros e Abanca os restantes 726.000 euros.

No transcurso da presentación, Marta Míguez dixo que cando se presentan os patrocinios aos equipos de alto nivel cada ano, “falamos de relación simbiótica ou do beneficio mutuo entre deporte e empresa”, pero xurde tamén a necesidade da cuantificación destes beneficios “para demostrar, con datos obxectivos, que esta é unha relación fundamentada en números”. “Con este estudo preténdese evidenciar esta relación coa fin de que outras empresas se sumen a este programa, queremos demostrar que investir en deporte é un bo negocio”, engadiu.

Leer más:  Las exportaciones gallegas crecen un 6% en julio, por debajo de la media española

Nas súas verbas, a responsable do Deporte galego sinalou que esta cuantificación do Plan de Patrocinio, levada a cabo polo equipo de investigación dirixido por Patricio Sánchez, “evidencia a eficacia do plan non só en termos de valor e prestixio, senón en impactos reais e retorno económico”.

Así, a análise do impacto do plan patrocinio realizado sobre 20 equipos permite concluír que se cumpre o obxectivo de promoción e incentivo do deporte e da práctica deportiva. As marcas do plan -Deporte Galego, Galicia Saudable e Abanca- teñen unha gran presenza en medios con máis de 9 millóns de impactos brutos. Así mesmo, este plan supón un gran soporte publicitario para as marcas, obtendo nos equipos analizados, o dobre da súa achega económica en termos de valor publicitario equivalente.

A secretaria xeral afirmou que xa desde a primeira edición do plan, os equipos participantes “proporcionaron un gran retorno publicitario en todo o territorio galego e estatal, mesmo a nivel internacional nos medios de comunicación, nos espazos deportivos e nas redes sociais”. Deste xeito, o plan “evidencia que o deporte e os deportistas galegos son unha marca de identidade, dotando aos patrocinadores de prestixio, asociación da marca cos valores positivos do deporte e unha ampla visibilidade”.

Leer más:  Besteiro considera "antigallega" la actitud de Rueda con Sánchez: "En ese momento era importante velar por Galicia y Rueda prefirió apoyar a Feijóo"

Marta Míguez volveu a situar aos deportistas como a prioridade da Secretaría Xeral para o Deporte e falou do traballo realizado “para que o investimento no deporte chegue aos equipos e os deportistas que máis o merecen”. “Para iso non só traballamos para que os recursos que hai se repartan do mellor xeito posible, senón que buscamos novas opcións que estimulen o mecenado”, engadiu.


- Te recomendamos -