Ribadeo (Lugo), 26 de xullo de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na presentación da XXVIII Semana Náutica Ría de Ribadeo, que terá lugar do 6 ao 9 de agosto e que incluirá as tradicionais regatas de veleiros, cruceiros, vela lixeira e zalea. Ademais, tamén tivo lugar a cerimonia de izado das bandeiras azul e Q de Calidade Turística acadadas polo Club Náutico ribadense.
Balseiro felicitou aos organizadores por promover estas actividades que contribúen a dinamizar e difundir os atractivos de Ribadeo e da súa comarca e salientou que as bandeiras de calidade recibidas recoñecen a excelencia das instalacións do club náutico, e o bo traballo que está a desenvolver a súa directiva.
- Te recomendamos -