A delegada territorial en Ourense da Xunta en Ourense coñeceu esta concentración que afecta a 547 hectáreas e 260 propietarios
A delegada territorial da Xunta en Galicia, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá os traballos que a Consellería do Medio Rural está a executar na zona de reestruturación parcelaria de San Bartolomeu de Berrande, no concello ourensán de Vilardevós. Esta reorganización do territorio afecta a 547,38 hectáreas, divididas en 4.054 parcelas pertencentes a 260 propietarios, destacando como o aproveitamento principal o castiñeiro.
A día de hoxe nesta parcelaria estanse a executar os traballos de mellora na rede de abastecemento de auga en Berrande e A Trave, que contan con un orzamento de máis de 223.000 euros, unha vez finalizada a rede de camiños principais, na que se investiron 984.000 euros. Polo tanto, neste proceso xa se levan investidos máis de 1,5 millóns de euros.
Ademais destas obras, o departamento autonómico dirixido por Ángeles Vázquez está a elaborar o acordo de reestruturación parcelaria para o deseño dos novos predios e a correspondente colocación dos marcos. Para esta actuación, a adxudicación asinouse por case 108.000 euros.
Durante a visita, na que a delegada territorial estivo acompañada polo xefe territorial do Medio Rural, Yago Borrajo e o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, Díaz Mouteira salientou a importancia deste tipo de procesos de cara a dinamizar o territorio agrario, aumentando o seu valor.“A reestruturarión parcelaria é fundamental para que o rural galego sexa una opción de futuro e resulte atractivo para una mocidade que quere desenvolver proxectos ambiciosos relacionados co sector agrario ou forestal” asegurou Marisol Díaz, ao tempo que engadiu que contribúe a fixar poboación no medio rural, facilitando ademáis a mobilidade dos vecinos.
Segundo a máxima representante do Goberno galego en Ourense, “redimensionar as fincas facilita o traballo, optimiza os resultados e incrementa o rendemento. En definitiva, é o camiño a seguir para impulsar o desenvolvemento económico do rural e o mantemento e coidado da superficie agraria e forestal”.
A delegada lembrou tamén o obxectivo da Xunta de Galicia de rematar administrativamente todas as parcelarias abertas en Galicia no horizonte do ano 2020.
Na provincia de Ourense o número de procesos abertos ascende a vintecinco, nos que durante o ano 2017 destináronse máis de 2,9 millóns de euros.
- Te recomendamos -