Inicio Galicia O Servizo Galego de Saúde garante o mantemento da calidade asistencial que...

O Servizo Galego de Saúde garante o mantemento da calidade asistencial que se presta no concello de a Pontenova

0

A ratio de 996 tarxetas sanitarias por médico coas que agora contarán os dous facultativos do concello de A Pontenova mellora substancialmente a media considerada adecuada polas sociedades científicas, de 1.500 tarxetas por médico

O Servizo Galego de Saúde garante o mantemento da calidade asistencial que se presta no centro de saúde de A Pontenova, que seguirá a contar cos mesmos servizos sanitarios que ata o de agora: medicina xeral, enfermería e servizos administrativos, entre outros.

O Servizo Galego de Saúde realizou unha reorganización dos recursos asistenciais asignados a este municipio sen comprometer a calidade da asistencia sanitaria que se presta aos veciños deste concello, principal obxectivo do departamento sanitario.

O Concello de A Pontenova conta cunha poboación total de 2.402 habitantes. Descontada a poboación en idade pediátrica, A Pontenova conta cun total de 1.993 tarxetas sanitarias, que se distribuirán entre os dous facultativos do centro de saúde deste municipio.

Así pois, na actualidade A Pontenova ten un total de 1.993 persoas con tarxeta sanitaria. A asistencia sanitaria dos veciños e veciñas deste municipio préstase no centro de saúde da localidade, que ata o de agora contaba tres facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria, que tiñan asignadas unha media de 664 tarxetas sanitarias cada un deles. Ademais, contan con servizo de enfermaría (con dous profesionais) e cun auxiliar administrativo.

Trala xubilación dun dos tres profesionais que ocupaba unha das prazas de medicina de familia, o Servizo Galego de saúde procedeu a unha reordenación dos cupos médicos deste centro de saúde (substancialmente inferiores á maioría de concellos de Galicia e mesmo da provincia de Lugo, e á media que se considera adecuada, de 1.500 tarxetas sanitarias por facultativo). A reorganización de recursos levada a cabo determina que nese centro de saúde é suficiente con dúas prazas de facultativo, posto que aínda así, cada un destes dous profesionais contará cun total de 998 tarxetas asignadas ao seu cupo (mellorando, insistimos, a media considerada axeitada).

A reorganización asistencial levada a cabo neste centro de saúde realizouse tendo en conta criterios obxectivos, como poboación de referencia, número de tarxetas sanitarias, distribución xeográfica… e, sobre todo, a premisa de seguir a garantir a calidade asistencial e a continuidade de todos os servizos que se prestan neste centro de saúde (medicina de familia, enfermería…).

O principal criterio técnico que sustenta a decisión é a ratio de tarxetas sanitarias por médico de Atención Primaria, xa que as sociedades científicas consideran como axeitado un número de 1.500 pacientes por médico. Si é certo que un exceso de pacientes (que evidentemente non se produce no centro de saúde de A Pontenova) pode minorar a calidade da atención por dispoñer de menos tempo, tamén é certo que unha ratio significativamente pequena (coma a que ata o de agora había neste centro), co paso dos anos, provoca unha perda de práctica dos profesionais a consecuencia da diminución da casuística e, polo tanto, tamén se podería ver comprometida a calidade do servizo.

Polo tanto, insistir en que a pesar da reorganización de recursos levada a cabo o Servizo Galego de Saúde garante a continuidade da calidade da asistencia sanitaria que se presta aos veciños e veciñas de A Pontenova, xa que o cupo de pacientes por profesional segue a estar entre os máis axeitados da provincia de Lugo. 


- Te recomendamos -