Inicio Galicia A Xunta pon en marcha unha nova actuación da Memoria Dixital de...

A Xunta pon en marcha unha nova actuación da Memoria Dixital de Galicia cunha liña de axudas de 900.000 euros para dixitalizar fondos en papel

0

Entidades públicas e privadas sen fins de lucro poderán solicitar subvención dun mínimo de 10.000 euros e un máximo de 90.000


O auditorio Neira Vilas da Biblioteca da Cidade da Cultura acolleu esta mañá unha xornada informativa sobre a convocatoria de axudas para facilitar a dixitalización dos fondos patrimoniais a entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro. O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que lembraron que esta medida enmárcase na iniciativa da Memoria Dixital de Galicia.

A directora da Amtega sinalou que esta iniciativa suma un paso máis no obxectivo un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e facilitar os seu acceso universal. Mar Pereira incidiu en que a iniciativa da Memoria Dixital aposta polo establecemento de sinerxías e modelos colaborativos entre as entidades públicas, privadas e calquera axente con responsabilidade no patrimonio cultural para acadar o maior nivel de catalogación, preservación e difusión, independentemente da súa ubicación ou propiedade.

Pola súa parte, o secretario xeral de Cultura incidiu en que “as axudas que hoxe presentamos contribúen á conservación e á difusión do patrimonio bibliográfico, arquivístico e museográfico galego a través da plataforma Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia”. “Así –dixo–, ao abeiro da Memoria Dixital de Galicia tratamos non só de garantir a preservación futura do noso patrimonio cultural, senón tamén de potenciar a súa divulgación e de facilitar o seu acceso á cidadanía en calquera momento e lugar”.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

Liña de axudas de 800.000 eurosA liña de axudas contan cun importe total de 800.000 euros e está destinadas á dixitalización de fondos documentais en soporte papel (publicacións seriadas, manuscritos, mapas, material gráfico como fotografías, gravados, carteis, debuxos, monografías e folletos, e partituras, partituras anotadas ou manuscritos de música). Cómpre destacar que os recursos dixitais que se xeren nos proxectos subvencionados se difundirán a través do portal GalicianaSubvencións de ata 90.000 eurosA convocatoria subvenciona proxectos cun importe mínimo de 10.000 euros e máximo de 90.000 euros. As entidades beneficiarias recibirán un anticipo do 80% da subvención concedida este ano e o 20% restante en 2019, unha vez acreditado o remate dos traballos de dixitalización. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte á súa publicación no DOG, o pasado 18 de xullo.

As axudas están dirixidas aos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma, entidades locais, e entidades delas dependentes, universidades públicas e o Consello Galego de universidades, entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia, reais academias e as academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Iniciativas en marchaXunto con esta liña de axudas a Memoria Dixital de Galicia aséntase noutras iniciativas, xa en marcha, vinculadas a dixitalización e difusión do patrimonio cultural galego.

Unha delas é o novo portal Galiciana.gal, posto en marcha o pasado mes de decembro co obxectivo de consolidarse como a porta de acceso á todos os fondos dixitais das a bibliotecas, arquivos e museos de Galicia. Neste momento facilita a consulta de máis de 310.000 obxectos dixitalizados de 10 coleccións procedentes de fondos xestionados pola Xunta – como os da Biblioteca Dixital de Galicia e os do Arquivo Patrimonial de Galicia- e doutras entidades como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Padre Sarmiento.

Outra das iniciativas que se vén de completar no marco da Memoria Dixital de Galicia é a dixitalización de preto de 370.000 imaxes e documentos procedentes do Catastro do Marqués de Ensenada, do Arquivo da Casa de Comercio e Banca Bengoechea e do xornal “El Pueblo Gallego”. Estes fondos estarán dispoñibles para a súa consulta a través do portal GalicianaEstá en marcha o proxecto transfronteirizo “Geoarpad”, liderado pola Xunta, en colaboración con outros 12 socios de ambos lados da fronteira ten como obxectivo dixitalizar e xeolocalizar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e o norte de Portugal para contribuír á súa posta en valor e difusión así como ao seu aproveitamento en sectores como o turismo, a investigación ou a educación.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

Ademais, está a traballarse na renovación do portal de toponimia de Galicia. Actualmente, o Nomenclátor de Galicia conta con 41.409 topónimos e no últimos dez anos recolléronse preto de medio millón de microtopónimos na terceira parte do territorio galego. Prevese a creación dunha aplicación para que os cidadáns poidan colaborar na recolección destes topónimos.

Memoria Dixital de GaliciaA Memoria Dixital de Galicia é unha estratexia impulsada desde o ámbito público, a través da Consellería de Cultura, Educación Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa sociedade galega e con todos os axentes implicados na xestión do patrimonio cultural galego, baixo a denominación das institucións da memoria, entre os que están o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ou as Universidades públicas galegas.  


- Te recomendamos -