Inicio Galicia A Xunta condena o caso de violencia contra a muller ocorrido onte...

A Xunta condena o caso de violencia contra a muller ocorrido onte na Coruña

0

O Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que apela á responsabilidade social de todos os galegos e galegas para entre todos poder rematar con esta lacra

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ante presunto caso de violencia contra a muller ocorrido na tarde de onte no concello de A Coruña, onde foi asasinada unha muller. O Goberno galego condena unha vez máis este tipo de actos de violencia contra as mulleres e traslada o seu pesar e o seu apoio ás súas familias.

O Goberno galego fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra a repudiable lacra da violencia de xénero e entre todos poder rematar con este tipo de actos, e poder acadar a plena erradicación deste problema público e social de primeira orde.

Así mesmo, a Xunta fai un chamamento para que as mulleres que estean sendo vítimas de malos tratos denuncien e así se lle poidan prestar as axudas necesarias, tanto a nivel de protección policial, coma a nivel económico e así poder axudarlles a rachar coa situación de violencia na que están inmersas.

Leer más:  -Inquietud entre cientos de trabajadores de la Xunta por la fase final de 210 procesos de estabilización de empleo público-

Nese sentido, hai que lembrar que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un telefono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno central, as chamadas que se produzan desde o 016 dende o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao telefono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria o precise. 


- Te recomendamos -