Inicio Galicia A Xunta valora positivamente que o Goberno central acepte estudar un marco...

A Xunta valora positivamente que o Goberno central acepte estudar un marco regulamentario común no alugueiro turístico

0

Galicia vén manifestando a súa postura a favor de harmonizar as normativas de vivendas de uso turístico para evitar disparidades entre comunidades e garantir en todo o territorio unha regulación clara e eficaz como está a demostrar ser a galega

Madrid, 18 de xullo de 2018.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe xunto ao resto de responsables dos gobernos autonómicos no pleno da Conferencia Sectorial de Turismo presidido pola nova ministra, Reyes Maroto, e onde o Goberno central aceptou estudar o establecemento dunhas liñas mestras sobre o regulamento do alugueiro turístico en todo o territorio español.

O Goberno galego vén manifestando a súa postura neste sentido coa intención de harmonizar con criterios básicos similares as diferentes normativas de vivendas de uso turístico presentes en España e evitar así disparidades entre comunidades e inseguridade xurídica. Garantirase así en todo o territorio unha regulación clara e eficaz que permita a normal convivencia entre veciños e combata e economía somerxida e a competencia desleal, tal e como se fixo xa en Galicia a través decreto en vigor desde o ano pasado que está a protexer aos usuarios e aos empresarios do intrusismo profesional e velando pola convivencia de usos nas preto de 6000 vivendas rexistradas.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

A Administración autonómica recorda que, sen necesidade dunha modificación das competencias establecidas senón empregando outros instrumentos como o da coordinación, o Goberno central debe estudar a realidade actual na que se están a desenvolver con criterios e resultados diversos diferentes regulacións, tanto desde o punto de vista autonómico como local. Neste sentido, a postura de Galicia é a de manter activo o grupo de traballo de vivendas de uso turístico para poder traballar de xeito coordinado nestas cuestións.

Comunicación e transparenciaA Xunta insta ao Goberno de España a que estableza marcos normativos facendo un esforzo de comunicación e transparencia. É importante que as plataformas que anuncian este tipo de opción de alugueiro turístico informen de xeito transparente sobre a súa oferta e colaboren coas administracións para que toda a oferta que comercialicen desde as súas páxinas estea legalmente rexistrada.

Nava Castro xa participara onte en Madrid na sesión da Comisión Sectorial de Turismo onde se informou sobre as estratexias de promoción de Turespaña, que porán especialmente o foco no turismo cosmopolita e en mercados como EE.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

UU ou China. Galicia propuxo, ademais, un reforzo por parte de Turespaña para a promoción do Xacobeo 2021. Tamén se recordou a importancia de recuperar os plans de dinamización turística e a posibilidade de estudar os criterios para a declaración de festa de interese turístico nacional e internacional, tendo en conta tamén as publicacións realizadas en medios en liña ou prescritores webs como blogueiros. 


- Te recomendamos -