Inicio Galicia Conde destaca que a segunda edición do coworking do Salnés aspira a...

Conde destaca que a segunda edición do coworking do Salnés aspira a converter Arousa nun centro de emprendemento comarcal

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde no acto de apertura desta nova convocatoria na que participarán 27 emprendedores a través de 22 proxectos, a maioría vinculados ao turismo e a alimentación


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a apertura da segunda edición do coworking do Salnés, que esta iniciativa aspira a converter Arousa nun centro de emprendemento comarcal.

Tras o éxito da primeira edición deste espazo especializado no eido do turismo e da alimentación -dous sectores estratéxicos da zona- co impulso dunha vintena de proxectos, a segunda convocatoria ponse en marcha con 22 novas iniciativas na que volverán cobrar protagonismo o sector turístico e alimentario, con novos proxectos cada un, que se completan con iniciativas no eido da artesanía, os servizos e o téxtil.

Esta rede de coworkings, no que a Xunta colabora coa Escuela de Organización Industrial, pretende dinamizar as economías locais de Galicia, apoiando a creación de emprego de calidade, aproveitando os recursos e fortalezas de cada zona para crear novas oportunidades económicas, fixando poboación e fomentando novas alternativas para facer os concellos máis atractivos e competitivos.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

Tal e como explicou o conselleiro, ata finais de ano os participantes terán a oportunidade de dar forma aos seus proxectos coa súa participación en obradoiros, sesións formativas grupais, mentoring e eventos que potencien o networking. O espazo ofrece as tecnoloxías e servizos que precisan para desenvolver os seus proxectos nos que contarán cun mentor, 40 horas de titorización por iniciativa e 60 horas de formación en competencias de emprendemento e xestión.

O espazo do Salnés forma parte dunha rede de coworkings posta en marcha en 2016 que, ao remate da terceira edición, terá permitido impulsar 440 proxectos promovidos por 540 emprendedores. En concreto, o espazo que visitou hoxe o conselleiro foi unha das novidades da segunda edición xunto co coworking do CIS Madeira (orientado ao sector forestal).

Na súa intervención, o conselleiro destacou o compromiso do Goberno galego co emprendemento a través de iniciativas como a rede de aceleradoras, programas como Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende, os distintos servizos de asesoramento ou as medidas da Lei de implantación empresarial para facilitar a tramitación administrativa e o acceso ao solo ás empresas, así como para mellorar a fiscalidade en colaboración cos Concellos Emprendedores.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

- Te recomendamos -