Inicio Galicia Román Rodríguez inaugura o coloquio sobre sustentabilidade rural da Unión Xeográfica Internacional

Román Rodríguez inaugura o coloquio sobre sustentabilidade rural da Unión Xeográfica Internacional

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, participou esta mañá no Paraninfo da USC no acto de apertura do 26º Coloquio Anual da Comisión sobre a Sustentabilidade de Sistemas Rurais da Unión Xeográfica Internacional, unha sociedade fundada en 1871 do máximo prestixio científico.

Baixo o título ‘Sistemas rurais infinitos nun planeta finito: tender pontes cara á sustentabilidade’, Galicia acollerá desde hoxe e até o vindeiro 21 de xullo esta cita congresual que a reúne participantes de 26 países. A cidade de Santiago, o concello ourensán de A Veiga e comarca luguesa de A Ulloa serán as sedes deste encontro que, nesta edición, busca tender pontes entre as diversas posturas expresadas nos debates académicos sobre redes agroalimentarias, actividades rurais, ou os usos del solo, entre outros aspectos.

Na inauguración interviñeron, ademais do titular de Educación, o vicerreitor de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; o presidente do Comité organizador, Valerià Paül; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; o Co-presidente da Comisión de Xeografía Rural da Unión Xeográfica Internacional, Serge Schmitz; a Co-presidenta da Comisión de Xeografía Rural da Unión Xeográfica Internacional, Holy Barcus; e o director do departamento de Xeografía da USC, Rubén Lois González.


- Te recomendamos -