O encontro accede este ano por vez primeira ás axudas da Agadic, polas que percibirá preto de 30.000 euros para contribuír ao seu financiamento
O Atlantic Fest celebrará na Illa de Arousa do 20 ao 22 de xullo co apoio da Xunta de Galicia, mediante unha subvención próxima aos 30.000 euros da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e de distintas accións desenvolvidas a través de FEST Galicia, a marca creada para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.
O festival entra por primeira vez na listaxe de adxudicatarios destas axudas, ao cumprir este ano a súa terceira edición, requisito imprescindible para concorrer a esta convocatoria, dotada cun total de 280.000 euros e da que se benefician outros 11 grandes eventos musicais galegos.
Valores engadidos á experiencia musicalAdemais, o Atlantic Fest é membro de FEST Galicia, na que están asociados 10 festivais de verán que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.
Esta marca terá presenza nos eventos adheridos a través dun espazo propio de difusión e sensibilización, así como de campañas, accións e liñas de traballo en diferentes ámbitos, adaptadas especificamente a cada un destes encontros e coa colaboración directa doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Medio Ambiente, a Secretaria Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Turismo de Galicia ou a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Comunicar coa mocidadeEn concreto, FEST Galicia estará presente no Atlantic Fest cunha serie de accións transversais enfocadas a promover a sostibilidade social e ambiental. Así mesmo, a marca dá soporte aos autobuses que ofrece o festival para reforzar a aposta polo transporte público como mellor opción de mobilidade para acudir ao evento. O ámbito da igualdade centra tamén varias das iniciativas da primeira tempada FEST Galicia, que apoia tanto a programación musical planificada con perspectiva de xénero como a incorporación de mulleres nos equipos de traballo, ademais de actividades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade enmarcadas na campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual. Dentro do espazo FEST Galicia, persoas expertas estarán informando sobre como actuar ou a quen acudir en caso de agresións mediante a través da difusión dun decálogo contra a violencia sexual.
No Atlantic Fest difundirase tamén a campaña O galego crea ambiente en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de dinamizar a lingua galega na mocidade, sensibilizando e fomentando unha actitude respectuosa. Esta campaña entronca medio ambiente con lingua como valores patrimoniais imprescindibles que é necesario coñecer e valorar. Neste marco, o venres 20 entre as 18,00 e as 20,30 h., un responsable técnico dará a coñecer o Plan de Dinamización da Lingua Galega e realizará entrevistas para a achega de ideas. O comunicador Víctor Grande estará a cargo desta actividade e gravará vídeos selfies coas achegas das mozas e mozos.
Christina Rosenvinge no escenario FEST GaliciaA Xunta de Galicia patrocina tamén a través da marca a unha das liñas de programación do festival a través do escenario FEST Galicia, polo que pasarán bandas nas que algunha ou a totalidade da formación é feminina. O festival comprométese así a aplicar criterios de igualdade no seu cartel.
Neste escenario actuarán Christina Rosenvinge, La Plata, The Niftys, Bifannah, Eva a Xabi B ou Mushu, que se sumarán así á extensa carteleira do festival, na que se inclúen nomes da música internacional e galega como Kaiser Chiefs, The Vacines, Iván Ferreiro, La Casa Azul, Rodrigo Amarante, Iceage, Young Beef, Caxade, Alto Volta, Jay, Papaya, Presumido, Maneida, Soledad Vélez, D’Valentina, Rayotaser ou María Arnal i Marcel Bagés, entre outros.
- Te recomendamos -