Inicio Galicia A Xunta realizará o próximo xoves probas de funcionamento das sirenas de...

A Xunta realizará o próximo xoves probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 22 presas galegas

0

A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura

A Xunta de Galicia ten previsto realizar o próximo xoves, 19 de xullo, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a un total de 22 presas con Plan de Emerxencia.

En total, durante a proba sonora activaranse máis de 60 sirenas situadas por todo o territorio. Realizarase coa colaboración dos titulares das infraestruturas: Alcoa, Endesa, Iberdrola, PHG e Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa). Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil e Augas de Galicia.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09,00 da mañá do día 19, augas abaixo da presa de Frieira. E xa a partir das 10,00 soarán as sirenas adscritas ás presas de Castrelo, Albarellos, Portodemouros, Brandariz, Vilagudín, San Cosmade, Chandrexa, Guístolas, San Estevo, Santa Eulalia, San Martín, Montefurado, Sequeiros, Casoio, Pumares, Cenza, As Portas, O Bao, Prada, Touro e Río Cobo.

Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

Con este exercicio, preténdense acadar dous obxectivos principais: garantir a operatividade dos sistemas e que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da serea de aviso de evacuación.

En Galicia, actualmente hai 41 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias. Son plans que buscan estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalación, e deste xeito garantir a seguridade dos cidadáns do entorno.

Aposta pola prevenciónDesde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior se quere subliñar a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso dunha emerxencia destas características, ademais de mellorar a coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.*Xuntamos cronograma das probas do 19 de xulloNATURGY

HORA INICIO

PRESA


- Te recomendamos -