Inicio Galicia A Xunta favorece a mellora do abastecemento e do servizo de protección...

A Xunta favorece a mellora do abastecemento e do servizo de protección ambiental de Ourol cunha achega de 237.000 euros do Fondo de Compensación

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que este é o terceiro municipio da provincia máis beneficiado pola liña non competitiva do programa 


Ourol (Lugo), 11 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia destinou ao concello de Ourol 237.738 euros para sufragar obras de ampliación e mellora do servizo de abastecemento así como a adquisición de maquinaria e a contratación de persoal para o servizo de protección ambiental.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ao municipio e explicou que as achegas proceden do Fondo de Compensación Ambiental que xestiona a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En concreto, apuntou, Ourol é o terceiro concello da provincia que máis fondos recibe da liña non competitiva do programa -despois de Muras e Abadín-, en función do número de aeroxeradores e os metros de instalación de conexións e vías de evacuación situados no municipio.

O financiamento da Xunta favoreceu a mellora da rede de abastecemento nos núcleos de Viladóniga, A Senra e Entreviñas, así como obras de reparación en diversos puntos e tamén nos depósitos de Pousadoiro e Bravos.

Así mesmo, o concello adquiriu un tractor cortacéspede, un remolque, un cortasetos e un soprador de man para poder traballar tanto en superficies de considerable extensión como nas zonas verdes e xardíns. Paralelamente, contratou persoal para facerse cargo do funcionamento do servizo de protección ambiental.

Balseiro subliñou que o Fondo de Compensación “impulsa o reequilibrio territorial favorecendo especialmente aos municipios que acollen instalacións eólicas, que habitualmente presentan condicións orográficas especiais que dificultan outros aproveitamentos económicos”.

Na mesma liña, sinalou o seu carácter “redistributivo do canon eólico que xeneran estos parques, de forma que os veciños e veciñas que os teñen máis preto son os que obteñen maior beneficio en forma de máis dotacións e mellores servizos municipais”. 


- Te recomendamos -