Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza a apertura a próxima semana do prazo de inscrición...

Ethel Vázquez avanza a apertura a próxima semana do prazo de inscrición nos novos cursos de condución segura de motos, que se realizarán en setembro en distintas cidades galegas

0

Vázquez Mourelle salienta que a seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria para o Goberno galego, xa que “non hai nada máis importante que a vida e a integridade das persoas”

A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a vindeira semana abrirase o prazo para inscrición dunha nova convocatoria dos cursos de condución segura de motos, que se realizarán o vindeiro mes de setembro en distintas cidades galegas.

Vázquez Mourelle participou hoxe en Ourense, xunto co alcalde, Xesús Vázquez, na presentación da campaña En la carretera, cerveza sin, promovida polos Cerveceros de España en colaboración coa Dirección General de Tráfico, e quixo agradecer á organización desta campaña a súa labor que, como tantos outros, suman e axudan cada día ás Administracións Públicas no seu esforzo permanente na concienciación e sensibilización da sociedade sobre a responsabilidade ao volante.

A consellería salientou que a seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria para o Goberno galego, xa que “non hai nada máis importante que a vida e a integridade das persoas”. E destacou como o traballo desenvolvido pola Xunta nos últimos anos está a prestar especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

Explicou a folla de ruta trazada polo seu departamento a través do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020. Un plan, lembrou, que engloba todo un conxunto de medidas e liñas de traballo coas que se busca reducir ao máximo o número de accidentes de tráfico que se rexistran nas estradas galegas e minimizar as súas consecuencias.

A titular do departamento de Infraestruturas aproveitou a representación de moteiros participantes na campaña En la carretera, cerveza sin, para afondar nas medidas específicas postas en marcha para o reforzo da seguridade, e nas que se tiveron especialmente en conta as consideracións trasladadas polo colectivo de motoristas.

Referiu algunhas das actuacións concretas do seu departamento para incrementar a seguridade dos motoristas nas marxes das estradas da rede autonómica, con actuacións como a execución de cunetas de seguridade, a colocación de barreiras e sistemas de protección ou a mellora de bifurcacións ante posibles impactos.

Ademais, sinalou que a Xunta segue a apostar pola eliminación de obstáculos e polo concepto de “estradas que perdoan”, con medidas que permiten adaptar as vías de xeito que minimicen as consecuencias dunha distracción leve.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

A titular do departamento de Infraestruturas falou dos traballos que se están a realizar para a instalación de sistemas de protección de motoristas nas autoestradas de titularidade autonómica, estando previsto seguir colocando este sistemas de protección no 2018 ao longo de 2 quilómetros, sumándose aos xa instalados o ano pasado en máis de 3,6 km destas mesmas autoestradas.

Ethel Vázquez tamén adiantou que este ano o seu departamento vai a dar continuidade aos cursos de condución segura de motocicletas, que a Xunta puxo en marcho no 2017. O ano pasado foron 160 persoas as que puideron mellorar a súa técnica de condución de moto e reforzar a súa seguridade viaria a través destes cursos gratuítos.

A conselleira anunciou que de maneira inmediata, xa na próxima semana, abrirase o prazo de inscrición para os 4 cursos de condución segura de motos, que se realizarán no mes de setembro en catro cidades galegas. Esta actividade de formación e sensibilización, tal e como detallou, tivo unha grande acollida entre o colectivo e terá continuidade ata 2020, impartíndose 16 novos cursos de condución segura de motocicletas, que se repartirán en 4 edicións e nos que participarán un total de 640 persoasRemarcou como a aposta da Xunta pola educación e pola sensibilización incide nunha maior seguridade viaria e contribúe a reducir o risco de accidentes do colectivo de motoristas.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

Estas medidas, engadiu, se completan coa suma doutras accións máis globais, que tamén teñen importantes beneficios para a seguridade deste colectivo, como a estratexia de eliminación dos treitos existentes de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, nos que se vai a actuar co obxectivo de telos eliminado nesta lexislatura.

Concluíu sinalando que a Xunta está poñendo os medios ao seu alcance para tratar de reducir os accidentes e minimizar as súas consecuencias. Un camiño, remarcou, no que é esencial a suma de esforzos, a unión de vontades e a colaboración das distintas administracións, colectivos, organismos e axentes implicados, “porque a seguridade viaria é cousa de todos”, rematou.


- Te recomendamos -