Inicio Galicia A undécima edición de Espazos Sonoros percorre o patrimonio histórico cunha programación...

A undécima edición de Espazos Sonoros percorre o patrimonio histórico cunha programación musical de oito concertos

0

A Consellería de Cultura propón un cartel que combina artistas galegos e grupos internacionais como Marés, Sax Antiqua, Capella Sancta Maria ou M

Sancho Quartet

O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.

A illa de Sálvora, o campamento romano da Ciadella, a igrexa de Santa María, a Casa Grande de Trasalba ou a Fortaleza da Frouxeira son algúns dos espazos patrimoniais, civís e relixiosos nos que se poderán escoitar agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como a Capella Sancta Maria, un dos conxuntos vocais profesionais europeos máis recoñecidos do momento, especializado no Renacemento; o cuarteto de música de cámara M.

Sancho Quartet, o trío de frautistas austríacas Vivid Consort ou o conxunto Romanza, encargado do concerto de clausura, que interpretará un repertorio baseado nas cantigas de Martín Códax recollidas no Pergamiño Vindel.

A programación da undécima edición, que xa pode consultarse en www.espazossonoros.org, foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola directora artística de Espazos Sonoros, Belén Bermejo, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen se referiu ao ciclo como “unha forma distinta de vivir a música, nun continuo descubrimento de sons e melodías, de instrumentos e intérpretes”, que invita ao redescubrimento de monumentos sobranceiros de Galicia, “ao ofrecer unha nova forma de achegarnos e relacionarnos con eles”.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

Destacou o responsable de Cultura que “neste Ano Europeo do Patrimonio Cultural non podía faltar un evento como Espazos Sonoros, que segue a medrar e a consolidarse no calendario cultural do noso país, renovando a súa orixinal aposta musical”.

Descubertas musicais e patrimoniaisO festival comeza o 1 de setembro cunha visita guiada á illa de Sálvora, que forma parte do arquipélago das Illas Atlánticas e a visita a unha casa de labranza reconstruída ao xeito do século XIX no lugar de Temperán, no Grove, na que se evocarán melodías, ritmos e tradicións musicais da península Ibérica co concerto de Marés. Ao día seguinte, a descuberta do campamento romano da Ciudella irá seguido da interpretación de música barroca arranxada para conxunto de cámara de saxofóns, da man de Sax Antiqua.

A igrexa de Santa María de Baiona será, o día 8 de setembro, o marco para o concerto de Capella Sancta Maria, un conxunto vocal composto por un cadro internacional de consagrados cantantes de primeira liña e un repertorio especializado na música do Renacemento. O sábado 15, a cita terá lugar na Casa Grande de Trasalba, onde á xornada literaria e de lecer arredor da figura de Ramón Otero Pedrayo lle porá o ramo o concerto de M.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

Sancho Quartet.

O domingo 16, unha andaina guiada polo historiador Anselmo López Carreira ata a fortaleza da Frouxeira seguirá os pasos do mariscal Pardo de Cela na súa defensa do Reino de Galicia. A xornada remata co concerto de Vivid Consort, previo paso pola basílica de San Martiño, da que se fará unha visita comentada. O domingo seguinte, 23 de setembro, terá lugar o obradoiro de achegamento á música antiga en Santa María de Castrelo, no concello de Castrelo de Miño, no que tras coñecer a crecente industria artesanal dedicada á luthería en Galicia, os asistentes poderán gozar de música ao vivo interpretada por unha ampla colección de instrumentos antigos elaborados por diversos artesáns.

Xa rematando setembro, o día 30, farase unha ruta polo patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio, que rematará á tardiña cun concerto na igrexa de San Pedro Fiz do Hospital a cargo do conxunto Per-Sonat, especializado na interpretación vocal de música antiga. O festival remata o día 7 de outubro coa ruta dos Muíños en Muxía, un percorrido circular que parte e volve á igrexa de San Xiao de Moraime, onde terá lugar o concerto de clausura, a cargo de Romanza, un conxunto vocal e instrumental, entre os que está o arpista galego de renome internacional Manuel Vilas, que explora os repertorios da música medieval peninsular e occitana, e que ofrecerá un repertorio baseado no Pergamiño Vindel.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Programación cultural arredor do patrimonioA Consellería vén promovendo toda unha serie de actividades que contribúen á difusión e á valoración social do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia. A principios de agosto tamén botará a andar Monumenta, que nesta nova edición, baixo a epígrafe Andar con arte, convida a camiñar para vivir e descubrir o patrimonio material e inmaterial galego. Ademais, a Secretaría Xeral de Cultural continúa apoiando diferentes ciclos musicais que dinamizan os espazos históricos de distintas vilas, como son os ciclos de órgano de Celanova ou o de música relixiosa de Barcia de Mera. Estas actividades poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, en www.cultura.gal.


- Te recomendamos -