O xerente do Xacobeo asistiu esta tarde á inauguración desta actividade formativa que se consolida como unha oportunidade para atraer o mercado estranxeiro
A Comunidade galega reforza un ano máis o seu papel como destino idiomático cunha nova edición dos cursos internacionais que organiza a Universidade de Santiago de Compostela e que foron inaugurados hoxe nun acto que contou coa participación do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.
Esta actividade formativa pon en valor un ano máis o potencial de Galicia para o turismo idiomático, un segmento que está a emerxer na Comunidade conseguindo atraer numerosos grupos de visitantes. Estes cursos de idiomas, asociados ao coñecemento da cultura e patrimonio galegos, están sendo un factor en alza para visitar Galicia. Así o reflicte a Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego que inclúe o turismo idiomático como segmento emerxente no que traballar nos vindeiros anos.
Impulso como destino de calidadeO modelo turístico de Galicia ten moi en conta este tipo de viaxeiros ao reunir gran parte dos elementos que axudan a construír un destino responsable e de calidade como o galego. Son visitantes que acoden ao destino a aprender, pero tamén a gozar da cultura, da enogastronomía, da natureza ou do patrimonio. Estes turistas tenden, ademais, a realizar unha longa estadía permitíndolles coñecer máis días o destino ao completo.
O turismo idiomático estase a consolidar, así mesmo, como unha oportunidade para atraer a Galicia o mercado estranxeiro, dando así resposta ás aspiracións do Goberno autonómico, fixadas na Estratexia 2020, para conseguir que un terzo de todos os turistas que se reciben procedan do estranxeiro. O ano pasado este mercado supuxo xa o 28,7% do total.
- Te recomendamos -