Inicio Galicia A Xunta supervisa as obras de Ferrería 8, coas que se superan...

A Xunta supervisa as obras de Ferrería 8, coas que se superan a vintena de vivendas rehabilitadas nesta rúa do casco vello vigués

0

O presidente do Consocio Casco Vello de Vigo e delegado territorial, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata a edificación para coñecer de primeira man o proxecto


O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe á zona alta do barrio histórico para coñecer de primeira man o avance das obras que se están a executar en Ferrería 8.

A edificación, a sexta rehabilitada nesta rúa polo CCVV, superando así a vintena de vivendas recuperadas, responde a tipoloxía máis demandada polos interesados, segundo demostrou a experiencia dos anteriores concursos convocados para a adxudicación das sucesivas promocións.

Así o referiu durante a visita o presidente deste organismo público, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10 polo Concello. Segundo indicou López-Chaves, os demandantes reclamaban maior superficie de habitabilidade, posto que na súa maioría “estamos a falar de familias con nenos que precisan de espazos máis adaptados ás súas necesidades”. Como exemplo, sinalou que desde a posta en marcha do CCVV “se superan os 25 nenos nados neste barrio”.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

En canto ás características, apuntou que o proxecto do estudio dos arquitectos Ramón Viéitez Rodríguez e Alberto Cebral Loureda recupera un edificio de tres plantas, con fachada ás rúas Ferrería e Baixada á Herba. A distribución contempla na planta semisoto un estudio, un aseo e un lavadoiro- tendedeiro, así como algún dos equipamentos técnicos da vivenda. Na planta baixa, que dá acceso á vivenda, sitúa a cociña, o salón e un baño; e xa no primeiro andar localiza os dous dormitorios e un segundo baño.

Desde un dos dormitorios accederase ao balcón da fachada á rúa Baixada á Herba, un dos elementos para conservar de acordo co Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) Casco Vello que regula a construción neste ámbito. Tamén intégrase non proxecto unha cheminea que percorre as tres alturas, como o único elemento interior que se conserva do edificio, cuxa superficie útil total ascende a 120 metros cadrados.

A execución deste proxecto, que está a piques de rematar, supón para organismo un investimento de 183.000 euros.104 vivendas rehabilitadasAo longo dos seus doce anos de actividade o CCVV adquiriu 14 inmobles na rúa Ferrería o que lle permitiu acometer sete proxectos de rehabilitación que derivaron na construción de 21 novas vivendas, todas elas –excepto Ferrería 8- ocupadas ou na fase final da súa adxudicación.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

No conxunto do barrio, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva adquiridos 76 inmobles, dos que 58 xa foron rehabilitados e catro están en execución (Berbés 41, Ferrería 8, Cruz Verde 12 e Cruz Verde 8). Rehabilitáronse 104 vivendas, das que 89 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 14 restantes en fase de concurso.


- Te recomendamos -