Inicio Galicia Turismo de Galicia afonda na aprendizaxe coa convocatoria de bolsas para o...

Turismo de Galicia afonda na aprendizaxe coa convocatoria de bolsas para o vindeiro curso no Centro Superior de Hostelería

0

Poderán beneficiarse os estudantes dos títulos de Xestión Hoteleira e Gastronomía e Xestión en Cociña que reúnan distintos requisitos académicos e económicos

Turismo de Galicia continúa a apostar pola formación no sector para consolidar un destino de maior calidade e máis competitivo. Con este obxectivo, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), un centro de ensinanza superior que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa que o alumnado pode acadar elevados niveis de profesionalidade.

Poderán beneficiarse destas bolsas estudantes de primeiro curso dos diferentes títulos impartidos no CSHG que reúnan unha serie de requisitos académicos e económicos. A súa concesión suporá o desconto dunha parte porcentual dos prezos de matrícula en réxime externo. Esta rebaixa poderá acadar un máximo do 80% e un mínimo do 50% do importe.

Turismo de Galicia convoca, en réxime de concorrencia competitiva, ata 21 bolsas dirixidas aos alumnos de diploma superior en Xestión Hoteleira e aos de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, titulacións impartidas no CSHG. Os interesados dispoñen dun mes para realizar a súa petición e poden consultar os detalles da convocatoria no DOG de hoxe.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

O CSHG conta cunha elevada taxa de inserción laboral, pois o 85% dos titulados acceden ao mercado laboral no sector hoteleiro e turístico nos oito meses seguintes á finalización dos estudos. Desde 1994, formou xa arredor de 2.600 directivos que desenvolven o seu labor en empresas do sector de todo o mundo.

En contacto co sectorA formación práctica en contacto permanente co sector é un dos piares do plan de estudos do CSHG, que ao longo do curso acolle xornadas de formación como HotelForum e GastroForum, dúas citas que nos últimos anos reúnen a recoñecidos profesionais e que están a promover a reflexión e o debate arredor das tendencias, estratexias e oportunidades tanto no negocio hoteleiro como no eido enogastronómico na Comunidade galega.

Así mesmo, a súa Escola de Turismo Itinerante capacita a pequenos establecementos de restauración nas zonas identificadas cun forte potencial e un menor desenvolvemento.

A formación constante do sector, tanto dos profesionais actuais como dos futuros, é unha das prioridades nas liñas de traballo fixadas na Estratexia do turismo de Galicia 2020.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

- Te recomendamos -