A Consellería de Infraestruturas e Vivenda financiará esta actuación de eliminación dun treito de concentración de accidentes, mediante a achega económica de máis de 1,8 millóns de euros
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución da mellora da seguridade viaria na estrada PO-308 (Pontevedra–A Lanzada), entre o a intersección coa rúa de acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa, entre os concellos de Poio e Sanxenxo. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda financiará esta actuación mediante a achega económica de máis de 1,5 millóns de euros, aos que hai que engadir o orzamento estimado para as expropiación das 83 fincas necesarias para a mellora da seguridade viaria nesta estrada autonómica, de preto de 300.000 eurosTrátase dun proxecto que define actuacións para a mellora da seguridade viaria nun treito de concentración de accidentes, redactado no marco da estratexia que está a desenvolver a Xunta para intentar reducir os treitos de concentración de accidentes da rede autonómica de estradas.
As principais actuacións neste tramo consistirán na mellora das interseccións nas que se producen unha parte importante dos accidentes rexistrados nesta estrada, para o que se executará unha semiglorieta no acceso ao peirao do Covelo e unha glorieta na intersección coa PO-303 en Samieira, que permitirá calmar o tráfico e a realización dos xiros en condicións mais seguras, dado que a proximidade dun cambio de rasante fai que actualmente a visibilidade sexa reducida.
Esta intervención proxectada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé ademais a construción dun carril central na intersección co Camiño Salgueiral e o acceso á Praia de Laño, así como a execución dunha segunda glorieta para acceso ao porto de Raxó, que incluirá a construción dun novo acceso e a eliminación do actual. O proxecto incluirá tamén a mellora doutras interseccións, mediante a execución de cuñas de aceleración e desaceleración, para facilitar a incorporación e saída da estrada, executándose tamén pequenos tramos de sendas, complementarios á mellora das interseccións.É importante salientar que unha parte deste treito atópase no ámbito do itinerario peonil e ciclista na PO-308, entre O Covelo e Raxó, no concello de Poio, que a Xunta adxudicou o pasado día 5 de xullo por preto de 1,6 millóns de euros, e que se encaixa no Plan de sendas que está a desenvolver a Xunta para fomento da mobilidade sostible nas estradas autonómicas. As obras definidas nos dous proxectos, que son complementarias, estarán perfectamente coordinadas.
Salientar que estas intervencións se enmarcan dentro do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, que o Goberno galego está a desenvolver para intentar reducir ata 2020 a accidentalidade dos treitos cualificados coma tramos de concentración de accidentes (TCAs) das estradas de titularidade autonómica. Para iso, está prevista a execución de aproximadamente 40 actuacións en 90 km, cun investimento que superará os 12 millóns de euros, no horizonte desta lexislatura.
- Te recomendamos -