Inicio Galicia A marca FEST Galicia estréase en PortAmérica cun programa de accións divulgativas...

A marca FEST Galicia estréase en PortAmérica cun programa de accións divulgativas e coa medición do impacto do festival

0

O conselleiro de Cultura e Educación visitou esta tarde o stand desta marca da Xunta, que busca promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social

O festival PortAmérica abre o calendario de accións da primeira temporada de FEST Galicia, a marca da Xunta que busca promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social. Arranca así este novo programa de apoio, que desenvolverá nos 10 festivais galegos adheridos, unha serie de actividades de divulgación, sensibilización e medición do impacto que o retorno destes eventos produza, coordinadas entre diferentes departamentos do Goberno autonómico, como Cultura, Política Lingüística, Medio Ambiente, Igualdade e Xuventude.

No caso de PortAmérica, estas iniciativas estanse a desenvolver xa por todo o recinto, co stand da marca como epicentro, onde o equipo de FEST Galicia recibiu esta tarde a visita do Conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.

Sumar estratexiasEsta nova marca, que bota a andar tras meses de traballo xunto ao sector dos festivais de música, está impulsada pola Consellería de Cultura, a través da Agadic, como un proxecto transversal da Xunta cos 10 eventos asociados na primeira convocatoria: ademais de PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival. O obxectivo é sumar estratexias que reforcen o apoio que xa se lle está brindando a este tipo de encontros mediante a convocatoria anual de subvencións, dotadas con 280.000 euros en 2018.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

Ao igual que sucede na cita de Caldas, FEST Galicia terá presenza nos devanditos festivais a través dun espazo propio de promoción da marca, así como de divulgación e coordinación de campañas e actividades adaptadas especificamente a cada un dos evento. No caso de PortAmérica, o stand atópase na entrada do recinto da carballeira de Caldas, á carón do río Umia.

Desde aquí e en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente, puxéronse a disposición do festival monitores e monitoras especializados en eventos sostibles para desenvolver accións de concienciación. Ademais, xestionouse a través de Ecoembes o servizo de contedores para a recollida e reciclaxe de residuos. Así mesmo, a marca dálle soporte ao servizo de autobuses do encontro, reforzando a aposta polo transporte público como mellor opción de mobilidade para acudir a estas citas.

Campaña O galego crea ambienteA Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con FEST Galicia a través da campaña O galego crea ambiente, creada especificamente para promover entre o público destes festivais o valor da lingua galega como parte do noso patrimonio, xunto coa cultura e o medio ambiente. Por iso, transmite esta dobre mensaxe, convidando a mocidade a relacionarse de xeito responsable co medio e a facelo, ademais, en galego. En PortAmérica, púxose en marcha hoxe a primeira das accións coas que a Xunta busca a participación da propia xente nova no proceso de elaboración do que será o primeiro plan de dinamización da lingua galega na mocidade nos stands de sete dos FEST Galicia. O encargado de dinamizar estas accións é o cómico Víctor Grande, mediante a recollida de opinións e propostas de accións, gravación de vídeos selfies cos que logo se crearán pezas de difusión na rede etc.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Pensando na mocidade, estase a promover tamén entre os asistentes o Carné Xove, ademais doutros programas que ten en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O ámbito da igualdade centra outras importantes liñas de traballo de FEST Galicia, que apoia tanto os carteis artísticos con perspectiva de xénero como a incorporación de mulleres nos equipos de traballo. Co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade, desenvólvense diferentes accións enmarcadas na campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual, que ten como prioridade que as mulleres estean seguras en grandes eventos. Neste mesmo sentido incidiuse na charla celebrada o pasado martes en Pontevedra, en colaboración con PortAmérica e dentro do seu ciclo Conversas, na que participaron Aldara Martínez, Marta Ramos e Uxía Vila, do colectivo A Curuxa.

Estudos de impactoEn canto ás industrias culturais, PortAmérica é un dos cinco eventos FEST Galicia, xunto co Resurrection Fest, Sinsal SON Estrella Galicia, SonRías Baixas e Revenidas, nos que a Agadic realizará estudos de impacto para obter datos sobre o seu retorno directo, indirecto e inducido. Das medicións encárgase un equipo consultor integrado por especialistas do ámbito universitario e terán como resultado un informe de avaliación, que servirá como punto de partida para traballar sobre medidas que redunden nos valores que a marca promove.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

A elaboración dos estudos levará parella a redacción un manual de boas prácticas, que abranguerá os ámbitos legal, medioambiental, laboral etc. e, en estreita relación con esta medida, o desenvolvemento a medio prazo dun selo distintivo que recoñeza e lles dea visibilidade aos grandes eventos musicais galegos organizados con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade.

Ademais da súa presenza nestes dez festivais, a Xunta promove esta marca dentro e fóra de Galicia a través dun plan de comunicación con iniciativas a curto, medio e longo prazo, como a realización de presentacións conxuntas. A posta en marcha de FEST Galicia implica, asemade, o inicio dos traballos cara á elaboración dun plan estratéxico para este importante sector musical, de novo en colaboración directa cos seus representantes.


- Te recomendamos -