Inicio Galicia Balseiro gaba o papel de Acruga, na súa xuntanza anual, porque ?o...

Balseiro gaba o papel de Acruga, na súa xuntanza anual, porque ?o labor asociativo fai máis forte ao rural?

0


Lugo, 22 de marzo de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na xuntanza anual da Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga) en Lugo, na que a entidade homenaxeou aos gandeiros que se xubilaron nos últimos meses.

Balseiro aproveitou para “agradecer e animalos a continuar co labor asociativo, que fai máis forte o noso rural”, e subliñou que “os desafíos que ten diante de si esta provincia pasan polo desenvolvemento e a modernización do rural”, onde estar os recursos máis salientables da provincia. “Debemos ser capaces de explorar todas estas oportunidades e de facer ver á mocidade que aí está a medrar un sector agropecuario á alza”, concluíu.

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -