Inicio Galicia Agader amplía en case 1,6 millóns de euros o orzamento para os...

Agader amplía en case 1,6 millóns de euros o orzamento para os proxectos que apoian os grupos de desenvolvemento rural

0

O DOG publica hoxe unha resolución neste sentido, co que será posible impulsar máis proxectos tanto de carácter produtivo como non produtivo no agro galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) pola que se amplía o orzamento para a medida Leader que xestionan os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) existentes na nosa comunidade.

En total, na anualidade de 2018 incorporaranse case 1,6 millóns de euros mais, que permitirán apoiar novos proxectos produtivos, non produtivos promovidos por entidades públicas de carácter local, non produtivos de entidades privadas e accións de formación impulsadas polos propios GDR. Con estes fondos, que se distribuirán entre os diferentes grupos, a dotación para 2018 pasa dos iniciais 7,6 millóns de euros a 9,2 millóns, o que representa un incremento do 21%.

O aumento destas achegas é posible pola existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa. Estes fondos están cofinanciados nun 75% polo Feader, nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Comunidade Autónoma de Galicia.


- Te recomendamos -