Inicio Galicia A Xunta someterá a información pública este mes o proxecto da senda...

A Xunta someterá a información pública este mes o proxecto da senda de Valdriz, en Láncara, que suporá un investimento de 600.000 euros

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que a actuación inclúe medidas de seguridade viaria, como o ensanche da estrada LU-621 e a construción dunha rotonda


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá 599.845 euros na construción dunha senda peonil na estrada LU-621 en Valdriz, no concello de Láncara. O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, presentou hoxe o proxecto e avanzou que neste mes será sometido a información pública.

O delegado subliñou que a Xunta “cumpre co seu compromiso; fixemos o proxecto, en breve publicarase para coñecemento de todos os interesados e, tras revisar as posibles alegacións, procederase á aprobación definitiva e á licitación das obras”.

O proxecto inclúe as expropiacións dos terreos necesarios para levar a cabo a actuación. Unha vez que se anuncie a exposición pública no Diario Oficial de Galicia, abrirase un prazo dun mes para que poida ser consultado na Axencia Galega de Infraestruturas de Galicia -na Delegación Territorial da Xunta en Lugo e nos servizos centrais da Consellería-, no concello ou na páxina web da Consellería.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

A senda terá unha lonxitude de 500 metros e completará a conexión peonil dende a localidade da Pobra de San Xiao coa ponte de Valdriz. As obras tamén incidirán na mellora da seguridade viaria, dado que inclúen a ensanche do trazado da estrada e outras medidas como a construción dunha rotonda en substitución do cruce que existe actualmente entre a LU-621 coa vía procedente dunha urbanización próxima. Tamén se dotará dun radio maior á curva de entrada á ponte sobre o río Neira.

A senda peonil arrancará do punto no que rematan as beirarrúas da Pobra de San Xiao, terá 2 metros de anchura e estará construída con formigón ata o encontro coa ponte. Para darlle continuidade, construirase unha pasarela sobre o río ampliando a plataforma da ponte con lousa de formigón.


- Te recomendamos -