Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural destina 60.000 euros ao acondicionamento dun local...

A Consellería do Medio Rural destina 60.000 euros ao acondicionamento dun local social no concello lugués de Bóveda

0

O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural supervisou esta mañá as obras na parroquia de Rubiáns

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), destinou 60.000 euros ao proxecto senlleiro de acondicionamento dun local social na parroquia de Rubiáns, no concello de Bóveda.

Ata alí desprazouse o director de Agader, Miguel Pérez Dubois, quen supervisou as obras e sinalou que este tipo de proxectos permiten mellorar a calidade de vida dos veciños a través da posta en valor das infraestruturas situadas no rural, contribuíndo á dinamización de actividades socioculturais na zona. O director xeral puxo en valor este tipo de iniciativas, pois ademais de contribuír a fixar poboación no rural, permiten tamén satisfacer as necesidades dos veciños e os seus equipamentos básicos.

Neste caso concreto, adaptáronse as oficinas veterinarias do antigo mercado de gando, sen uso a día de hoxe, para crear un espazo de desfrute colectivo co que poder realizar actividades para os veciños deste municipio lugués. Trátase dun proxecto presentado en 2017 e que contou co financiamento íntegro das obras por parte de Agader.

Leer más:  Rueda, ante la moción de censura de Muxía con independientes y BNG, dijo: "Los del cordón sanitario son otros"

Proxectos financiadosA Consellería do Medio Rural achegou o ano pasado preto dun millón de euros para financiar diferentes proxectos singulares en 15 concellos galegos, entre eles o que hoxe se visitou. Entre estes proxectos salientan o acondicionamento do antigo matadoiro para secado de xamóns na Cañiza ou a adquisición de material bibliográfico da curta cinematográfica Mouras en Folgoso do Courel. No eido do patrimonio tamén se traballou na recuperación dun muíño do século XIX no Bolo ou a humanización da igrexa de Torres en Vilarmaior.


- Te recomendamos -